top of page

Arzúa anima á veciñanza a conmemorar o Día da Patria Galega visibilizando a súa bandeira

Ecos da Comarca/Arzúa

O Concello de Arzúa levou a cabo este martes un reparto simbólico de bandeiras de Galiza, co obxectivo de convidar á veciñanza a participar activamente na conmemoración do Día da Patria Galega, que terá lugar o próximo 25 de xullo.

A iniciativa desenvolveuse durante a mañá nas inmediacións da casa consistorial e contou cunha boa acollida por parte da veciñanza. Desde o goberno local explican que o reparto busca promover a visibilización da bandeira galega nos espazos públicos e privados, como fiestras, balcóns ou vehículos, como mostra de orgullo colectivo e de identidade compartida.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

“O 25 de xullo é unha data que nos invita a conmemorar o que somos como pobo. Queremos animar á veciñanza a celebrar este día, enchendo Arzúa de branco e azul. Somos unha nación e temos que sentir orgullo dos nosos símbolos, pois fan parte da nosa identidade como pobo, son parte da nosa historia colectiva. Por iso animamos a veciñanza a conmemorar con orgullo este Día da Patria Galega”, sinalou o alcalde, Xoán Xesús Carril.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A veciñanza que desexe recoller a súa bandeira poderá facelo nas oficinas do Concello en horario de 8:30 a 14:30 horas.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page