Arzúa acolle hoxe un concerto de Black dentro do ciclo En Aberto
- Laura Moure

- hace 5 horas
- 1 min de lectura
A actuación é con entrada gratuíta e será na Praza de Galicia
Laura Moure/Arzúa
O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza, dentro da programación cultural de verán, unha nova edición do Ciclo de música na rúa baixo o título de En Aberto. Hoxe, xoves, chega a segunda proposta deste ano cun concerto a cargo de Black na Praza de Galiza ás 21:00 horas, coa entrada libre e gratuíta.

Black é un proxecto musical coruñés que leva doce anos achegando as súas reinterpretacións de grandes hits da música negra. Creadores de espectáculos coma Paseo pola música negra, Soul e literatura ou Voces de muller, chegan a Arzúa en formato quinteto, unha formación que estrearon con motivo do seu décimo aniversario.
PUBLICIDADE
O repertorio da banda está composto de música soul na súa versión mais bailable coma Donna Summer ou Whitney Houston nos clásicos e Justin Timberlake ou Bruno Mars da época mais recente.
PUBLICIDADE
O repertorio desta banda supón un percorrido na historia do blues, unha viaxe na que se traslada ao público a outra época a través das historias narradas no seu momento polos autores mais clásicos e cuxo transfondo, na maioría dos casos, segue tendo presenza hoxe en día.
PUBLICIDADE
O xoves 20 de agosto será a quenda da banda folk Os Liantes, e de pechar o ciclo o xoves 27 de agosto encargarase Pepe Piña y Los Robinson coa mellor música das décadas dos 70 e 80.









Comentarios