top of page

Arzúa acolle hoxe un acto de memoria histórica democrática en homenaxe ás vítimas da ditadura

Ecos da Comarca/Arzúa

Arzúa celebrará este venres, 16 de xaneiro, ás 19:30 horas, na Casa de Correos, un acto de memoria histórica democrática en homenaxe ás vítimas da ditadura franquista vencelladas ao concello. Durante o acto procederase á lectura dos nomes das cinco persoas asasinadas en Arzúa nos días posteriores ao golpe de Estado de xullo de 1936, así como á lembranza de José Fidalgo, veciño nacido na parroquia da Castañeda e falecido no campo de exterminio nazi de Gusen. O acto servirá tamén para render homenaxe ás 34 veciñas e veciños de Arzúa que sufriron represión, xuízos, cárcere ou tiveron que fuxir ao estranxeiro para salvar a vida.

No marco desta xornada presentarase a banda deseñada A morte nas fragas, unha obra centrada na represión exercida pola ditadura, e proxectarase o documental Os fíos da memoria, que recolle a investigación levada a cabo polos descendentes de dúas vítimas do franquismo na procura da verdade e da memoria familiar.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

No acto intervirán Elena Martín, Carlos Sardiña e Henrique Sanfiz, e contará coa presentación do director de Radio Arzúa, Armando Cascón. A iniciativa está organizada por Emisoras Municipais Galegas, coa colaboración do Concello de Arzúa.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Carlos Sardiña é ilustrador e foi o responsable do apartado gráfico, deseño e maquetación da banda deseñada A morte nas fragas. Henrique Sanfiz realizou o traballo de investigación histórica sobre os feitos que se relatan tanto no libro como no documental. Pola súa banda, Elena Martín traballa desde o ano 2020 como xornalista e realizadora audiovisual, cunha traxectoria vencellada a un xornalismo próximo ás persoas, á contorna e ás organizacións sociais, desenvolvendo na actualidade o seu labor profesional no Sindicato Labrego Galego.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Este acto enmárcase no compromiso coa recuperación da memoria histórica, a dignificación das vítimas e a defensa dos valores democráticos, convidando á veciñanza a participar nun exercicio colectivo de lembranza e reflexión.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page