top of page

Arzúa abordará hoxe en pleno a reforma da rúa Nova, os festivos locais e o futuro de Portodemouros

Ecos da Comarca/Arzúa

O Concello de Arzúa celebrará hoxe, xoves 31 de xullo, ás 20:0 horas, unha sesión plenaria ordinaria que incluirá temas de relevancia para a planificación municipal, o tecido económico local e os servizos públicos. A sesión terá lugar no salón de plenos da Casa Consistorial e será aberta ao público, podendo seguirse tamén en directo a través da radio municipal.

Na orde do día figura a aprobación do modificado do proxecto de humanización da rúa Nova. A obra está incluída no Plan Único POS+ da Deputación da Coruña.


Outro dos puntos destacados será a dación de conta do decreto de aprobación do convenio entre o Concello e Naturgy para a cesión dos terreos e instalacións de Portodemouros, que permitirá iniciar a recuperación deste espazo como área de lecer, deportiva e ambiental. A iniciativa conta cun marcado carácter estratéxico para o desenvolvemento turístico e económico da zona.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Tamén se someterá a debate a modificación da ordenanza que regula os prezos públicos das actividades deportivas e recreativas.


En clave de promoción económica, o pleno valorará dúas propostas para declarar de especial interese ou utilidade municipal as obras de ampliación de explotacións gandeiras de leite, a cargo das entidades Pérez Vilar SL e Granza de Andrea SC, unha medida que pode supoñer bonificacións fiscais e un apoio ao sector primario local.


A corporación votará ademais a proposta de festivos locais para o ano 2026, un trámite anual que require aprobación plenaria.


Publicidade


Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

No apartado político, someteranse a debate dúas mocións presentadas polos grupos da corporación. O Partido Popular defenderá unha iniciativa para esixir “transparencia, depuración de responsabilidades e convocatoria urxente de eleccións xerais” ante a situación política estatal. Pola súa parte, o BNG presentará unha moción para reclamar á Xunta de Galicia unha intervención urxente nas instalacións do CEIP de Arzúa, denunciando deficiencias estruturais.


A sesión finalizará co apartado de rogos e preguntas, e a habitual dación de conta dos decretos asinados pola Alcaldía.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page