top of page

Arzúa pon en marcha unha nova canle de comunicación coa veciñanza a través de WhatsApp

Os interesados xa poden darse de alta


Laura Moure/Arzúa

O Concello de Arzúa anuncia a posta en marcha dunha nova canle de comunicación coa veciñanza a través da aplicación de mensaxería WhatsApp: "Arzúa ao día". Desde hoxe mesmo, os veciños e veciñas poderán recibir toda a información relevante do concello directamente nos seus teléfonos móbiles, así como trasladar suxerencias ou consultas dentro do horario de atención de 10:00 a 14:00 horas.

Como darse de alta no servizo?

Para darse de alta na canle de WhatsApp do Concello de Arzúa, as persoas interesada deben seguir estes sinxelos pasos:

  • Agregar o número 698 17 99 44 aos seus contactos.

  • Escribir unha mensaxe de WhatsApp coa palabra “ALTA”.


Unha vez realizado este procedemento, os usuarios e usuarias serán dados de alta no servizo e comezarán a recibir información do Concello de Arzúa. Para darse de baixa, simplemente deben enviar unha mensaxe de WhatsApp ao número 698 17 99 44 coa palabra “BAIXA”.

Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

O servizo consiste nunha lista de difusión, non un grupo de mensaxería, polo que os usuarios/as non terán acceso aos datos ou información do resto dos inscritos/as. O Concello de Arzúa é o administrador do servizo e o responsable do envío das mensaxes.


Para máis información, os interesados poden visitar a páxina web oficial do Concello de Arzúa en arzua.gal ou contactar a través do teléfono 981 81 50 01.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page