top of page

‘Artesanía de Galicia en Merza’ deste mes celebrouse o sábado dentro da Eferro Foliada

hace 11 minutos
2 min de lectura

Laura Moure/Vila de Cruces

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, achegouse o sábado ata o obradoiro Eferro, en Vila de Cruces, para asistir a unha nova edición do evento Artesanía de Galicia en Merza, que neste caso se celebrou coincidindo coa tradicional foliada anual impulsada pola zoqueira Elena Ferro. Alí, puxo en valor a iniciativa posta en marcha o pasado marzo a través da Fundación Artesanía de Galicia en colaboración co obradoiro Eferro, para celebrar un calendario de feiras mensuais de comercialización protagonizadas por obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

O obxectivo de Artesanía de Galicia en Merza é promover a venda directa da artesanía galega, consolidar a marca Artesanía de Galicia e dinamizar o rural a través dun evento mensual no que se incorporan obradoiros abertos de iniciación a diferentes técnicas, música e gastronomía.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A cita contou de novo con distintos expositores no espazo EferroGhalpón, no propio obradoiro de Elena Ferro. En concreto, estiveron o obradoiro de cerámica Intre (Meira), o de sombreiros de Julia Vilariño (Pontedeume); Jerolas (Curtis), de moda e complementos;  Sanín Percusión tradicional (Santiago de Compostela); Elgoal (A Rúa), de encadernación; Leónlagata (Sanxenxo), de xoiería cerámica; Nobelo a nobelo (Vedra), de complementos de moda; O carabel ecocestos (Ferrol), especializado en cestería; e os obradoiros de bixutería LatonQueen (Santiago de Compostela) e Paseloqpase (Ribadumia).

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

No marco da programación impulsada pola Fundación Artesanía de Galicia, tamén se celebraron dous obradoiros gratuítos e abertos a todos os públicos. Foron un taller de iniciación ao torno cerámico, impartido polo ceramista Carlos San Claudio, e outro de xoiería creativa en macramé, a cargo de Nai Deseños, neste caso para maiores de 12 anos.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page