Arrinca a XXVII edición da campaña “Este Nadal toca en Melide”
- Laura Moure

- hace 10 horas
- 2 Min. de lectura
Sortearase, un ano máis, dous premios de 1.000 euros e 4 de 500 euros na tradicional Gala de Nadal
Laura Moure/Melide
A viséxima séptima edición da campaña “Este Nadal toca en Melide” arrancou onte, 1 de decembro, e nela repartiranse diversos premios entre a clientela dos establecementos de proximidade. Nesta convocatoria participarán diversos comercios locais e de diferentes sectores, e será a iniciativa con maior número de participantes desta tempada, o que afirma a boa acollida que esta iniciativa ten cada ano. Dende a directiva de Asetem fan fincapé na necesidade de que “a poboación aposte por mercar os agasallos e produtos de Nadal nas tendas da vila porque non é preciso comprar nas cidades, grandes superficies ou a través da rede para atopar os mellores regalos a bos prezos”.

A maiores, dende a Asociación empresarial destacan que “o feito de comprar no municipio implica que o pobo medre e isto é beneficioso para toda a veciñanza”,
“Este Nadal toca en Melide” sorteará, un ano máis, dous premios de 1.000 euros e 4 de 500 euros na tradicional Gala de Nadal. Como xa é habitual, as tendas participantes obsequiarán á clientela con rifas numeradas coas que entrar no sorteo. E, como novidade desta edición, haberá 10 vales de 50 euros para sortear a través da APP de Asetem, entre todos os tíckets subidos entre o 1 de decembro de 2025 e o 9 de xaneiro de 2026.
Publicidade
O obxectivo principal desta campaña é o fomento das compras nos establecementos comerciais de Melide, premiando a fidelidade da clientela mediante o sorteo de vales de compra. Estes premios serán gastados de novo nos establecementos de proximidade, o que garante a repercusión no eido comercial da localidade.
A Gala de Nadal celebrarase o venres 9 de xaneiro de 2026 no Centro Sociocultural Mingos de Pita. Neste evento actuarán Leti da Taberna e Os da Taberna.
Publicidade
As bases da campaña, así como os establecementos participantes poden consultarse
na páxina web: www.asetem.com "Para as compras de Nadal, merca en Melide!", salienta o colectivo.








Comentarios