Arredor de 150 rapaces e rapazas desfrutan na Escola de Verán do Pino cunha programación variada
- Laura Moure

- hace 6 días
- 4 min de lectura
A ‘Feira da Creatividade’ é o fío condutor dunha proposta que combina xogos, obradoiros, deporte e actividades educativas
Laura Moure/ O Pino
A Escola de Verán do Pino, organizada polo Concello a través da Concellería de Muller e Benestar Social, entra na súa recta final tras case dous meses de intensa actividade. Arredor de 150 rapaces e rapazas desfrutan desde o 22 de xuño dunha iniciativa que se desenvolverá ata o próximo 8 de setembro e que xa leva celebradas catro das seis quendas previstas.
Este programa de conciliación familiar, dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, ten
lugar nas instalacións do Pavillón Municipal de Reboredo e nos exteriores do CPI Camiño de Santiago, en Arca. Está financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo
Ministerio de Igualdade no marco do Plan Corresponsables.
Baixo a temática A Feira da Creatividade, a cativada está a desfrutar este verán de numerosos xogos, desafíos e actividades pensados para combinar o lecer coa aprendizaxe, fomentar a imaxinación e favorecer o compañeirismo e o traballo en equipo.
Como en edicións anteriores, a programación da Escola de Verán reúne propostas creativas, culturais e deportivas cun enfoque lúdico e participativo. Así, as primeiras semanas serviron para que os diferentes grupos comezasen a mergullarse nesta nova aventura, reunindo a festa da auga a todos os participantes nunha das primeiras grandes xornadas compartidas.
PUBLICIDADE
A expresión artística foi a gran protagonista desde o inicio, con obradoiros creativos (de pintura, de reciclaxe, de pulseiras...) e coa celebración dun entroido de verán no que a cativada tamén despregou a súa creatividade no taller de caretas. Pero, sen dúbida, o momento máis agardado e desfrutado foi a festa da fariña, que sumou outro momento
inesquecible a este verán no Pino.
Un obradoiro de cociña compartido entre os diferentes grupos puxo o toque máis saboroso
a outra das semanas de xullo, mes no que un dos pratos fortes da Escola de Verán foi a visita aos bombeiros forestais, durante a que a rapazada puido coñecer os vehículos e os
materiais que empregan estes profesionais e achegarse ao importante traballo que
desenvolven.
A despedida de xullo deixou tamén momentos moi especiais, como a visita do escritor e
contacontos Anxo Moure coa súa ciclobiblioteca, ou un particular Got Talent no que non faltaron actuacións musicais, baile e patinaxe, tanto individuais como en grupo.
Agosto comezou con novos retos, pois coa chegada deste mes tamén se renovaron as
propostas. Unha das máis divertidas foi o Grand Prix que celebraron os maiores, unha
competición con diferentes xogos e desafíos coa que o pasaron en grande.
Saídas cada mércores co programa Viaxando coa Cativada
As actividades da Escola de Verán do Pino combínanse co programa Viaxando coa Cativada, que cada mércores leva a rapazada de excursión.
Durante os meses de xullo e agosto, as propostas inclúen actividades de aventura, visitas a espazos naturais, xornadas recreativas e deportivas na praia e experiencias relacionadas
coa divulgación científica.
Así, ata o momento xa se celebraron sete das oito saídas programadas, comezando cun día de diversión na praia de Tanxil, en Rianxo, e continuando coas visitas á Domus da Coruña, ao Museo do Humor de Fene, ás Fragas do Eume, ao parque zoolóxico Avifauna de Outeiro de Rei e á Fraga Máxica da Cortiña, en San Sadurniño.

O pasado mércores 19 de agosto celebrouse a penúltima excursión do programa. Nesta ocasión a cativada puxo rumbo a praia de Gandarío, en Bergondo, onde o está a pasar en grande nunha xornada ao aire libre chea de xogos e actividades.
Deste xeito, a Escola de Verán do Pino continúa avanzando cara á súa recta final, mantendo o espírito que caracteriza esta iniciativa: facilitar a conciliación das familias ao
tempo que os máis pequenos e pequenas da casa desfrutan dun verán activo, educativo e cheo de experiencias compartidas.
A proposta combina o lecer co desenvolvemento de habilidades sociais, culturais e creativas, nun ambiente seguro e adaptado ás distintas idades. Baixo a temática común de
converterse en “exploradores e exploradoras do saber”, a rapazada participa en obradoiros de arte, ciencia, natureza, música ou xogos colaborativos, sempre cun enfoque lúdico e participativo.
PUBLICIDADE
As primeiras semanas estiveron marcadas pola diversidade de propostas. As festas da auga, as olimpíadas e os xogos tradicionais convertéronse en actividades especialmente
celebradas, mentres que o karaoke, o concurso de talentos e os obradoiros creativos (pinta-caras, tatuaxes, pulseiras…) puxeron en valor a expresión artística e a convivencia.
A cativada tamén desenvolveu actividades de cociña, como a elaboración de pizzas con
forma de león ou orixinais debuxos en pan de molde, mesturando creatividade con
aprendizaxe práctica. Tamén tiveron lugar contacontos na Casa da Cultura, nos que se
traballaron valores como o respecto, a diversidade e a resolución pacífica de conflitos a través de historias animadas e participativas.
A programación inclúe saídas que permiten coñecer a contorna e ampliar os espazos de
aprendizaxe. Os máis pequenos visitaron a Cidade da Cultura, onde gozaron dunha mañá de xogos ao aire libre e merenda en grupo. Os grupos medianos e maiores participaron
nunha visita ao Enredo do Abelleiro, onde se achegaron ao mundo da apicultura, viron
colmeas de preto, vestiron traxes de apicultor, elaboraron velas e, como non, probaron
mel.
PUBLICIDADE
Nas actividades no recinto tamén houbo tempo para retos por equipos, como as Pequefest
Olimpiadas ou o xogo de xeolocalización “GeoGuessr”, nos que tiveron que poñer en
práctica o traballo en grupo, a observación e a imaxinación.
A Escola de Verán continuará nas vindeiras semanas coas dúas quendas previstas en agosto e a última, do 1 ao 5 de setembro, mantendo o mesmo espírito educativo, creativo e participativo que vén marcando a actividade desde o seu inicio.









Comentarios