top of page

Arrancan as obras de mellora viaria e reorganización do tráfico no parque empresarial Área 33 de Silleda

Onte tamén se cortaron os accesos dende a N-525 para a actuación de mellora que está a levar a cabo o Ministerio de Transportes e Mobilidade


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda vén de iniciar as obras de mellora das infraestruturas viarias no parque empresarial Área 33, cun investimento de preto de 138.000 euros, cofinanciados pola Xunta de Galicia e o Concello de Silleda a través do Plan Máis Provincia da Deputación de Pontevedra.

Os traballos, adxudicados á empresa Taboada y Ramos, inclúen a renovación de máis de 2,2 quilómetros de rúas, con actuacións de fresado e reposición do firme, reforzos nos cruzamentos e a aplicación dunha nova capa de rodadura con microaglomerado en frío. Tamén se procederá á renovación da sinalización horizontal e vertical en todo o ámbito da primeira fase do polígono.


Un dos cambios máis salientables será a implantación dun novo sistema de circulación en sentido único, coordinado coa Policía Local, co obxectivo de mellorar a seguridade viaria e a operatividade no recinto. Ademais, habilitaranse novas zonas de estacionamento para facilitar o acceso e o tránsito das máis de 80 empresas que operan na Área 33.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A alcaldesa e responsable municipal de Obras, Paula Fernández Pena, que visitou as obras xunto ca concelleira de Promoción Económica, Estefanía Taín, sinala que “estas actuacións supoñen un paso importante para modernizar e adaptar o parque ás necesidades actuais do tecido empresarial, mellorando tanto a seguridade como a funcionalidade das súas rúas”. O Concello manterá unha canle aberta de coordinación co empresariado para minimizar as posibles incidencias.


Mellora dos accesos dende a nacional

Por outra banda, e para complementar as melloras na zona empresarial, o Ministerio de Transporte e Mobilidade tamén acometeu onte obras de mellora nos accesos ao polígono dende a estrada Nacional Santiago-Ourense (N-525). Para realizar estes traballos foi preciso cortar ditos accesos dende o mediodía ata as 18:00 horas.


“Somos conscientes das molestias que as obras poidan causar, pero trátase dunha mellora necesaria e moi demandada polo sector, que contribuirá a reforzar o carácter estratéxico da Área 33 como motor económico de Silleda e da comarca”, engadiu Fernández Pena.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page