top of page
Foto del escritorLaura Moure

Arranca o programa Silleda Sostible, para avanzar na recollida e tratamento de residuos

Comezou a operar a nova firma adxudicataria, que se encargará tamén da xestión do Punto Limpo do municipio


Laura Moure/Silleda

O programa Silleda Sostible arrancou onte co inicio da nova firma concesionaria do servizo de recollida de residuos. A entidade, ca UTE Geseco-Taboada y Ramos, fíxose cargo do servizo, tal e como se acordou en distintos encontros celebrados nas últimas semanas.


Silleda Sostible terá a concesión por un prazo máximo de 10 anos, encargándose da recollida de Residuos Solidos Urbanos (incluíndo a recollida selectiva do colector amarelo, papel carton e tamén plásticos agrícolas). Así mesmo, a entidade xestionará o Punto Limpo, sito en Margaride, que inicialmente abrirá co mesmo horario e xornadas que ata o de agora (mércores e sábados de 9:00 a 14:00 horas).

Tamén asumirá o servizo de recollida de voluminosos a domicilio, para o que dará a coñecer nos vindeiros días o novo número de teléfono co que contactar as persoas usuarias.


Este novo contrato inclúe unha serie de melloras, entre elas a renovación de colectores de carga lateral. “Agardamos que nos vindeiros días se subsaben algúns dos problemas detectados nas últimas semanas ca recollida de lixo en varios puntos do rural”, indica o alcalde, Manuel Cuiña, que xunto coa concelleira de Medio Ambiente, Pili Peón, estivo en contacto nos últimos días ca nova entidade e a empresa saínte para coordinar o traspaso.


O proceso de adxudicación da recollida do lixo en Silleda veuse retrasando ao ter que resolverse nos tribunais administrativos un recurso presentado ao dictame da Mesa de Contratación.

A empresa proposta inicialmente, a UTE Geseco-Taboada y Ramos, acudiu ao Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia (TACGAL), despois de que un informe xurídico determinara que unha das empresas non tiña no seu obxecto social o ámbito da actividade a contratar.


Finamente, dito tribunal deulle a razón á empresa, polo que a proposta da mesa pasou por adxudicar á UTE Geseco-Taboada y Ramos o servizo por un importe de 357.350,09 euros ao ano, durante un prazo máximo de 10 anos.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page