Arranca hoxe o 30º Rali do Cocido co seu tramo espectáculo
- Laura Moure

- hace 2 horas
- 2 Min. de lectura
A cita ten 118 inscritos e récord R5/Rally2
Laura Moure/Lalín
O Campionato Xunta de Galicia de Rallyes – Recalvi ponse en marcha esta fin de semana coa celebración da primeira data puntuable, un Rali do Cocido de Lalín que cumple 30 edicións de existencia a ritmo de récord.

Nada menos que 118 equipos tomarán a saída na proba de Deza con 15 vehículos da categoría R5/Rally2 o máximo histórico nunha proba do certame autonómico. Sen Víctor Senra, de baixa por problemas de saúde, a loita polo triunfo é a máis aberta dos últimos anos. Alberto Meira e Avelino Martínez; Dani Berdomás e Brais Mirón; José Lamela e Unai Conde ou Iago Caamaño e Alberto Rodríguez, entre outros, parten con opción de levarse o trofeo de campión na noite do sábado.
Ademais, estarán presentes os participantes da Top Ten B Grupo Breogán – Pirelli; a Top Ten C; a Pirelli AMF, o Criterium Recalvi, o Clio Trophy Galicia e o Volante FGA – Sandero Eco Cup. Precisamente serán oito os equipos que tomarán a saída no trofeo de Renault e dez na reconversión do formato promocional cos Sandero Eco Cup do que sairá o novo becado da FGA na tempada 2027.
Publicidade
En canto a actividade, as verificacións darán comezo as 14:00 horas no Campo da Feria, para celebrar o tramo espectáculo hoxe, venres 6 de marzo a partir das 20:03 horas polas rúas de Lalín. Hoxe, ás 16:00 horas, na praza da Igrexa, terá lugar a presentación do Campionato cunha foto de familia dos 15 vehículos R5/Rally2 que tomarán a saída na cita lalinense.
O mesmo día, ás 17:45 horas, na Carballeira das Casianas, turno para as fotos oficiais do Clio Trophy Galicia e do Volante FGA – Sandero Eco Cup Galicia.
PUBLICIDADE
Xa mañá, sábado, oito treitos cronometrados con inicio ás 8:30 horas e chegada do
primeiro participante ás 20:30 horas ao Centro Comercial Pontiñas. A entrega de premios terá lugar ás 22:30 horas.








Comentarios