top of page

Arranca hoxe a ExpoBus Iberia 2025 en Silleda con 142 firmas expositoras de 23 países

De forma paralela á súa exposición, ofrecerá un atractivo programa de actividades que converterá á feira nun espazo para a análise e o intercambio de coñecementos


Laura Moure/Silleda

A IV Feira do Transporte de Viaxeiros por Estrada, ExpoBus Iberia 2025, a cal se celebra dende hoxe, xoves ata o sábado na Feira Internacional de Galicia ABANCA, arrincará con 142 firmas expositoras de 23 países, as cales estarán representadas por 69 expositores directos de seis países que ocuparán 8.414 metros cadrados netos.


Estas cifras supoñen un notable crecemento do certame e converten esta edición na maior celebrada ata o momento. Así, as firmas representadas son un 10% máis que na cita de 2023, mentres que os expositores directos, de España, Portugal, Italia, Alemaña, Bulgaria e Polonia, aumentan un 11,3% e ocupan un 26,7% máis de superficie neta. Esta, sumada á empregada para as actividades, ascende a máis de 29.000 metros cadrados, superando en preto de 3.000 metros a superficie bruta de 2023. Ademais, nesta edición o certame aumenta o seu carácter internacional, xa que as firmas expositoras proceden de cinco países máis, mentres que os expositores directos fano dun país máis.

ree

ExpoBus Iberia 2025 consolídase así como a segunda maior feira do sector a nivel nacional, con presenza ademais da inmensa maioría de empresas nacionais de carrocerías para autobuses e os principais fabricantes e carroceiros do sector do

autobús a nivel internacional, ademais de numerosas compañías relacionadas coa

industria auxiliar.


Este apoio do sector na área expositiva do certame refórzase ademais coa

participación nesta cita tanto da Asociación Nacional de Fabricantes de Carrocerías y

Buses (ASCABUS) como das tres principais asociacións empresariais do transporte

en autobús en España, como son a Confederación Española de Transporte en

Autobús (CONFEBUS), a Asociación de Empresas de Autocares (DIREBÚS) e a

Asociación Nacional de Empresarios de Transportes en Autocares (ANETRA).

ExpoBus Iberia 2025 será un completo escaparate no que se poderán ver as últimas

tendencias e novidades no transporte de viaxeiros por estrada, tanto en vehículos

como en equipamento, sistemas, servizos e solucións tecnolóxicas para as frotas das

empresas de transporte de viaxeiros e os seus profesionais. Eficiencia, sustentabilidade, seguridade, accesibilidade ou dixitalización serán algúns dos aspectos que destacarán na exposición.


Un atractivo programa

De forma paralela á súa exposición, ExpoBus Iberia 2025 ofrecerá un atractivo programa de actividades que converterá á feira nun espazo para a análise e o intercambio de coñecementos.


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

En canto ás súas conferencias, comezarán o primeiro día abordando os certificados de aforro enerxético (CAEs) e a súa aplicación no transporte de viaxeiros por estrada, nunha xornada organizada por Anetra, analizándose a continuación a ameaza real de competencia desleal que supón o dumping social no sector do autobús, nun encontro realizado por Direbús. Ademais, a decisión estratéxica que supón a continuidade das

empresas familiares tratarase noutra xornada, a cal se centrará neste proceso de reflexión ante a incerteza da contorna económica e en canto vale a nosa empresa en caso de decidir non continuar co legado familiar.


Xa o segundo día, as xornadas centraranse no impacto da intelixencia artificial no transporte de persoas, tratando temas como os cambios que supón a tecnoloxía na xestión das empresas e os retos aos que se enfrontan cos novos servizos dixitais, ademais de abordar a mobilidade personalizada e o transporte a medida das necesidades das persoas ou como será o futuro do pago no transporte público.


Outra proposta será o Premio Mellor Condutor/a de Autocares 2025, o cal conta con Man Truck & Bus como patrocinador principal e co Sindicato Libre de Transporte (SLT) e Proformatrans como patrocinadores destacados. Nesta edición, na que a competición se internacionaliza e aumenta os seus galardóns, participará medio centenar de condutores e condutoras de varios países. Estes serán avaliados durante os tres días do certame en distintos aspectos teóricos e prácticos, como a suavidade na condución, a anticipación, a habilidade ou os hábitos. Os premios entregaranse na última xornada da feira.


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Ademais, dentro do programa destacarán un circuíto de probas no que varias empresas poñerán ao dispor dos seus potenciais clientes a posibilidade de conducir algún dos seus modelos por estrada e tamén a exposición de vehículos clásicos. En canto a esta última, amplíase respecto á pasada edición e fará un repaso á historia do autobús con preto dunha trintena de vehículos fabricados entre 1908 e 1991, entre eles un dos primeiros autobuses que existiron no mercado, un modelo que é o único que se conserva na actualidade, vehículos adiantados ao seu tempo por prestacións ou velocidade máxima, con extras como cristais alpinos tintados ou floreiro, ou modelos que supuxeron un salto ao autobús moderno tanto en equipamento como en motorización, suspensión ou climatización. Auténticas xoias sobre rodas que pertencen a oito empresas: Empresa Cuiña e Transportes Mosquera (ambos do grupo Autocares Rías Baixas), Autocares Lázara, Autocares Meijide, Empresa Lázara, Autocares de Santiago, Autobuses Juan e a Avelino Garrido, da antiga Empresa Garrido.


O programa completarase con talleres de rotulación de autobuses ou asembleas de federacións galegas de empresas de transporte en autobús.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page