Arranca este venres a I Ruta e Concurso de Tapas do Outono organizada pola AED
- Laura Moure
- 4 nov 2021
- 2 Min. de lectura
Participa unha ducia de establecementos hostaleiros da comarca dezá
Laura Moure/Lalín
Este venres comeza a I Ruta e Concurso de Tapas do Outono organizada pola Asociación de Empresari@s de Deza. Finalmente, serán 12 os establecementos participantes.
Cada tapa ten o seu código correspondente que é necesario para poder votar a través da app Rutappa (que se pode descargar gratuitamente desde Google Play e Apple Store). E poderanse degustar en cada local nos seguintes horarios:
Alola: Caramelo de morcilla e mazá
(Código para votar na app Rutappa: 54097)
De xoves a domingo (19:30 a 21:30 horas).

Bar O Polo: Cabeceiro de lomo duroc con froitas confitadas
(Código para votar na app Rutappa: 22948).

Cabanas Restaurante: Taco de outono
(Código para votar na app Rutappa: 20154)
De martes a domingo (13 a 15:30 h). De xoves a sábado (20:30 a 23:30)

Café Bar Siglo XXI: Moi noso
(Código para votar na app Rutappa: 34416)
Luns a xoves (19:30 a 23:00 horas). Venres e sábado (19:30 a 21:30). Domingos (pechado)

Casa Achacán: Arco da vella
(Código para votar na app Rutappa: 96319)
Venres, sábados e domingos (13:00 a 23:00 horas).

Casa Currás: Xabarín, castañas e fungos doces
(Código para votar na app Rutappa: 38185)
De luns a venres (20:30 a 22:30). Sábados (non serven tapas). Domingo (pechado por descanso).

Casa Sanmartín: Galicia profunda
(Código para votar na app Rutappa: 38143)

Nigiri de Kontike: Roliño crocante de cocido con hummus de castaña e grelo fritido
(Código para votar na app Rutappa: 84427)
Mañá (13 a 15:00 h). Tarde (19:30 a 22:00 h). Todos os días agás luns pola tarde e martes todo o día.

O Café de Mili: Pincho de outono
(Código para votar na app Rutappa: 28313)
De luns a vernes (20:00 a 22:00 h). Sábados (13:00 a 14:00 h)

Pazo de Bendoiro: Segredo de Bendoiro
(Código para votar na app Rutappa: 12255)
De luns a venres e domingo (12:30 a 15 h). Sábado (12:30 a 15:30 e 19:30 a 21 h)

Pensión Las Palmeras: Verán de outono
(Código para votar na app Rutappa: 76520)
De luns a xoves (20:15 a 22:30 horas). Venres e sábados (13:15 a 15:30). Domingos (pechado).

Restaurante La Molinera: Bacon sorpresa
(Código para votar na app Rutappa: 11738)
Luns, martes e xoves (13:00 a 15:30 horas). Venres, sábados e domingos (13:00 a 15:30 e de 20:30 a 23:30 horas). Os mércores, pechado.

Máis información no seguinte enlace:
Comments