top of page
Perruquería Marisa.gif

Arde un coche no municipio de O Pino

O suceso tivo lugar esta mañá na parroquia de Gonzar e o lume afectou á zona do motor e ao habitáculo


Ecos da Comarca/O Pino

O vehículo afectado polo lume. CEDIDA.

Un vehículo ardeu esta mañá no municipio de O Pino. Foi o dono do coche o que chamou ás 10:55 horas ao Centro Integrado Atención Emerxencias (CIAE), tal e como informan dende este organismo. Na chamada indicaba que lle estaba ardendo o vehículo, pero que todos os ocupantes xa estaban fóra e non precisaban asistencia sanitaria.

O suceso tivo lugar á altura da parroquia de Gonzar, na estrada que une A Bugalleira con O Pumar. O 112 Galicia mobilizou aos Bombeiros de Arzua e á Garda Civil de Tráfico.


Tempo despois os bombeiros, tal e como indica o 112 Galicia, comunicaron que ardera a zona do motor e o habitáculo do coche.

1521 visualizaciones0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page