Arde a feluxe da cheminea dunha vivenda do municipio do Pino
- ecosdacomarca

- 12 sept 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/O Pino

Este martes orixinouse un incendio nunha cheminea dunha casa do concello do Pino. Un particular alertou ao 112 Galicia uns minutos antes das 10:30 horas. O suceso ocorreu no lugar do Vilar, na parroquia de Gonzar.
Publicidade
"Na chamada o particular indicábanos que saía lume polo exterior da cheminea, pero que non había ningunha persoa afectada", sinala o 112 Galicia. Con estes datos deu aviso aos Bombeiros de Arzúa e de Santiago e a Garda Civil.
Publicidade
"Tempo despois informábanos que cando chegaron os Bombeiros xa estaba apagado e que por sorte, só ardeu a feluxe da cheminea", puntualiza o 112.








Comentarios