top of page

Aprobado o proxecto da lei galega de medidas contra o acoso e a violencia dixital

Rueda resalta que “será a primeira norma en España” específica nesta materia e ten como obxectivo dar resposta ás novas formas de violencia que teñen a súa orixe nas tecnoloxías da información e da comunicación, como internet ou as redes sociais


Laura Moure/Xeral

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Consello vén de aprobar o proxecto da Lei de medidas integrais contra o acoso e a violencia dixital de Galicia, “a primeira de toda España neste eido”. O obxectivo é afrontar as novas formas de violencia xurdidas da expansión do usos das novas tecnoloxías da información e da comunicación, como internet ou as redes sociais. “Un dos perigos é unha nova cara da violencia de xénero: a violencia dixital”, indicou.

A Xunta iniciou o pasado mes de setembro a tramitación deste proxecto abríndoo a consulta pública para que as entidades e a cidadanía interesada presentasen as súas achegas. Unha vez rematada esta fase de consulta e tras analizar as suxestións recibidas, o Consello deu luz verde ao proxecto, que agora se remite ao Parlamento de Galicia para comezar a súa tramitación cando comece o novo período de sesións. “A previsión é que a lei estea aprobada este mesmo ano 2026 para dar resposta a unha forma de violencia de xénero, a violencia dixital, cada vez mais habitual”, indicou a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García. Nesta liña, lembrou que se admitiron varias alegacións presentadas por nove entidades “para reforzar a protección das vítimas con discapacidade e as persoas trans” así como adaptar cuestións técnicas da normativa.


O proxecto está composto de catro títulos, 26 artigos, dúas disposicións adicionais e outras dúas derradeiras. En canto aos obxectivos que persegue son, fundamentalmente, catro: establecer os principios reitores de actuación no ámbito da comunidade autónoma en materia de acoso e violencia dixital; regular medidas de sensibilización, prevención e detección; promover a formación de persoal da Xunta, do sector público e das forzas e corpos de seguridade do Estado; e, por último, establecer medidas de protección e apoio ás vítimas.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Medidas

Neste sentido, as principais medidas que prevé este marco xurídico son, no eido educativo: a inclusión obrigatoria de contidos formativos en competencia dixital nos currículos de todas as etapas educativas non universitarias e a aprobación dun Plan integral contra o acoso escolar e o ciberacoso. A lei tamén recolle a necesidade de promover acordos con persoas e empresas que ofrecen servizos a través de internet (plataformas e redes sociais) con dúas finalidades: elaborar e aplicar medidas de sensibilización e de prevención; así como establecer criterios e mecanismos áxiles e urxentes de denuncia e retirada de contidos relacionados co acoso e a violencia dixital. Outra medida que fixa a norma, tal e como explicou a conselleira, é a posta en funcionamento “dun servizo gratuíto de borrado da pegada dixital” para suprimir material dixital que continúe accesible en rede e que se empregou como instrumento de acoso ou violencia. A eliminación deste material requirirá de resolución xudicial expresa. Ademais, a normativa fixa a creación dun servizo gratuíto de asesoramento no que as vítimas recibirán apoio técnico e información para previr novos ataques ou supostos de violencia dixital.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Nesta mesma liña, articularanse medidas para facilitar o acceso das vítimas á información, orientación e apoio xurídico; e elaborarase unha guía informativa sobre dereitos das vítimas, que incluirá pautas básicas de seguridade informática e recomendacións para salvagardar evidencias dixitais que poidan ser constitutivas de delito. Combater a violencia e apoiar as vítimas Esta nova lei reafirma o compromiso da Xunta na loita contra todas as formas de malos tratos ás mulleres, así como coa súa protección e apoio. O presidente lembrou que Galicia é un referente neste eido ao ser “a primeira comunidade en ter unha lei específica nesta materia”, que actualizamos para incluír novos tipos de violencia como a sexual ou a vicaria. Ademais, a comunidade tamén foi pioneira en ofrecer unha prestación económica anual para todas as vítimas e conta cunha extensa rede de casas de acollida, que ampliará cun novo centro en Santiago de Compostela especializado para mulleres vítimas con problemas de adiccións.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Así mesmo, a estes programas e servizos engádese unha extensa rede de Centros de Información á Muller (CIM), con 84 recursos que dan cobertura a máis de 200 concellos e que vén de ser reforzada coa posta en marcha de catro unidades móbiles para achegar estes servizos a municipios rurais e aos campus universitarios.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page