top of page

Aprobada a licitación do proxecto para transformar a piscina de Melide nun moderno centro deportivo

O goberno local axiliza ao máximo posible os prazos para poder dar comezo as obras no primeiro cuadrimestre do ano


Laura Moure/Melide

A Xunta de Goberno local de Melide aprobou na reunión celebrada este xoves a licitación do proxecto de reforma e ampliación da piscina municipal. O orzamento de licitación é de 1.066.529, cun prazo de execución de nove meses.

Foto arquivo.

"A piscina municipal, pechada polo risco evidente que supoñía para a saúde dos usuarios polas deficiencias que presentaba, transformarase nun moderno centro deportivo", recalca o Concello. Así, os traballos incluirán melloras no sistema de climatización, ventilación, calefacción e xestión da auga, entre outros.


Así mesmo, destaca a reforma integral que se vai a realizar dos espazos de uso. O ximnasio será ampliado, pasando de 80 a 178 m2 e os vestiarios serán máis amplos e

funcionais, pasando dos 34 m2 que teñen na actualidade aos 105 m2.

Á finalización dos traballos, o centro deportivo contará con dúas salas de actividades, de 80 e 58 m2 respectivamente, con novas máquinas de ximnasia adaptadas á normativa vixente.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page