Aparatoso accidente entre un camión e unha furgoneta na localidade de Arzúa
Ecos da Comarca/Arzúa
Onte xoves, ás 23:50 horas, produciuse un aparatoso accidente de tráfico na N-547 á altura do casco urbano de Arzúa. Tratouse dunha colisión entre un camión e unha furgoneta que provocou importantes retencións de tráfico.

Unah persoa tivo que ser trasladada ao PAC de Arzúa porque presentaba feridas nun brazo.
PUBLICIDADE
Cabe mencionar que as 700 sinaturas recollidas para reclamar máis seguridade na N-547 ao seu paso pola localidade de Arzúa xa foron trasladadas ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible por parte da veciña que impulsou esta iniciativa e que conta co apoio do Concello. As sinaturas respaldan a petición de adoptar medidas urxentes para reducir os riscos na travesía de Arzúa, especialmente despois dos últimos atropelos e accidentes rexistrados que seguíronse sumando esta semana xa que ademais do de onte, o mércores houbo outro atropelo.
PUBLICIDADE
E falando de sinistros non foi o último rexistrada neste municipio nas últimas horas. Hoxe, venres, ás 7:05 horas produciuse un accidente na Mella e unha persoa tivo que ser atendida polos servizos sanitarios.









Comentarios