Antonio Gil Pérez, novo xefe da Policía Local de Silleda
- Laura Moure
- hace 1 día
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Silleda
Antonio Gil Pérez vén de ser nomeado como novo xefe da Policía Local de Silleda, tras o proceso interno aberto a raíz da recente xubilación do anterior responsable do corpo.

Gil Pérez, que forma parte do cadro de axentes da Policía Local de Silleda dende o ano 2006, asume o cargo con carácter temporal, ata que se resolva de forma definitiva a provisión do posto, incluída na Oferta de Emprego Público (OPE) de 2025, na que tamén figura outra praza de axente.
O nomeamento realizouse mediante resolución da Alcaldía, unha vez rematado o prazo establecido nas bases do proceso interno para a valoración de méritos entre os axentes do corpo, convocado o pasado 30 de setembro. Antonio Gil foi o único candidato presentado, e a súa proposta foi avaliada favorablemente pola Comisión de Valoración segundo os méritos achegados e a súa traxectoria profesional.
Publicidade
A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, destacou “a longa experiencia e compromiso de Antonio Gil co servizo público”, subliñando que “a súa designación garante a continuidade e o bo funcionamento da Policía Local”.
Comentarios