top of page

Prende lume nun establo en Antas de Ulla

Ecos da Comarca/Antas de Ulla

Esta medianoite orixinouse un incendio no interior dun establo no municipio de Antas de Ulla, tal e como informa o GES de Monterroso.

"Saimos a un incendio nun rulo de herba que estaba ardendo dentro dun establo no concello de Antas de Ulla, no lugar de Amoexa. Por sorte, alertou unha veciña aos donos ás 00:15 horas cando se dirixía a súa casa e viu saír moito fume do establo", informa o GES. "Cando chegamos ao punto os donos xa estaban apagando cunha mangueira. Seguimos apagándoo nós coa motobomba e cortando a corrente da instalación. Logo comprobamos que non quedase rescoldos na madeira do teito e na herba", indica.

Ademais do GES de Monterroso, ao lugar tamén se desprazou a Garda Civil. "Tamén viñan de camiño os Bombeiros de Chantada, pero xa non fixo falta e deron volta", apunta o GES.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page