top of page

Ana Guerra, Isabel Aaiún e Marc Seguí actuarán na Gala do Cocido de Lalín o 21 de febreiro

O reparto de entradas levarase a cabo o martes 18 de febreiro


Laura Moure/Lalín

Ana Guerra, Isabel Aaiún e Marc Seguí, xunto a Orquesta El Combo Dominicano e Orquesta Olympus, abrirán o cartel da Gala do Cocido de Lalín do venres 21 de febreiro.

Ana Guerra. Fonte: Concello de Lalín.
Ana Guerra. Fonte: Concello de Lalín.

O cartel da Gala quedará completo coas formacións locais que encabezarán a Banda de Lalín e na que tamén estará a formación de baile Máisquedanza e que se pechará con dúas ou tres formacións lalinenses máis. Así o anunciou o alcalde José Crespo co gallo desta gala televisiva da Televisión de Galicia en Lalín na que tamén se entregarán os premios de xornalismo gastronómico Álvaro Cunqueiro.


O habitual reparto de entradas levarase a cabo o martes 18 de febreiro a partir das 17 horas na recepción do Concello e ata esgotar os pases, cun máximo de dúas invitacións por persoa.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A Feira do Cocido celebrarase o domingo 23 de febreiro. Cabe mencionar que a lista de Comendadores ábrese co presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López Diéguez, e coa piragüista olímpica, Teresa Portela.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page