top of page

Amigos da Empanada de Bandeira agradece a todos os que colaboraron coa XLIX Festa da Empanada

Ecos da Comarca/Silleda

A Directiva da Asociación Cultural Amigos da Empanada de Bandeira quere expresar o seu máis sincero agradecemento a todas as persoas, entidades e institucións que fixeron posible a celebración da XLIX Festa da Empanada de Bandeira que se celebrou o pasado 23 de agosto.


COMUNICADO PRENSA - AGRADECEMENTOS

"A Directiva da Asociación Cultural Amigos da Empanada de Bandeira quere expresar o seu máis sincero agradecemento a todas as persoas, entidades e institucións que fixeron posible a celebración da XLIX Festa da Empanada de Bandeira, que se celebrou este mes de agosto. Este foi un ano especialmente significativo para nós, pois supuxo a nosa primeira edición como directiva, e non queremos deixar pasar a ocasión sen recoñecer o valioso apoio que recibimos de todos aqueles que contribuíron á organización e éxito da festa. Ademais, esta edición supuxo un fito na nosa vila, sendo a primeira que se realiza xa co título de Festa de Interese Turístico Nacional.


Queremos, en primeiro lugar, agradecer ao Concello de Silleda, en especial á súa alcaldesa Paula e á concelleira de Cultura Mónica, por todo o apoio recibido. Agradecemos tamén a Erea, Pili e a todo o persoal municipal, que traballaron de forma incansable para que todo saíse á perfección, desde a brigada de limpeza até os operarios de obras e mantemento, pasando pola Policía Local, que garantizaron a seguridade durante o evento. Sen o seu traballo, nada diso sería posible.

A cea de peñas da Festa da Empanada deste ano. Autor: Ecos da Comarca.
A cea de peñas da Festa da Empanada deste ano. Autor: Ecos da Comarca.

Non queremos esquecer tampouco o apoio da Xunta de Galicia, especialmente das áreas de Turismo e Política Lingüística, e en particular de Valentín García, que desde o principio

mostraron un compromiso firme co noso evento. A Deputación de Pontevedra tamén merece o noso recoñecemento, xa que a súa colaboración foi esencial para o bo desenvolvemento da festa.


Un ano máis, o apoio de nosos patrocinadores fixo posible que a festa tivese a magnitude que alcanzou. Grazas a Eroski, Froiz, Shweppes, Muíño de Cuíña, Silleda Sostible, Gadisa, Nudesa e Culinaria, así como a todas as empresas que participaron no libro publicitario. A veciñanza de Manduas tamén merece unha mención especial. Sen a súa colaboración económica, que se materializou nunha importante recadación sen a necesidade de realizar un petitorio, a festa non sería posible. Agradecemos a súa xenerosidade e seguiremos mantendo aberta a conta bancaria para que quen desexe facer a súa achega nos próximos días.


Un agradecemento moi especial tamén ao equipo de voluntariado. As persoas que se sumaron de maneira altruísta para colaborar coa festa foron fundamentais. Gracias a Ana Codesido, Andrea Guerra, Ramón, Anita, Fanfa e moitas outras persoas que, coa súa disposición, fixeron posible que todo saíse adiante. O seu traballo foi incansable e demostrou unha vez máis que a nosa festa non sería a mesma sen a colaboración de todos eles.


Tamén queremos agradecer a Alberto Pereiras (Tetos) polo deseño do cartaz oficial da festa, que de maneira artística recolleu a esencia e a riqueza da programación, así como da unión do tecido asociativo da vila. Grazas tamén a Emsé e Marcos Cardoso por súa colaboración no deseño. Gracias Laura Calviño, a nosa encargada de comunicación social e redes sociais, cuxo excelente traballo se reflectiu nas diversas plataformas.


O noso recoñecemento tamén vai aos propietarios da carballeira e prados colindantes, así

como a persoas arrendatarias dos memos, que nos permitiron realizar unha nova edición da festa, así como os festivais de rock e folk e a cea de peñas.


 APOIO AO XORNALISMO PALESTINO

ECOS DA COMARCA APOIA AO XORNALISMO PALESTINO. Preme na imaxe para máis información.
ECOS DA COMARCA APOIA AO XORNALISMO PALESTINO. Preme na imaxe para máis información.

Agradecemos aos membros do xurado do concurso de empanadas, composto por Begoña, Filo, Sindy (Parrillada A Devesa de Graba), Cecilia (Casa San Martín do Corpiño) e Ana Belén (Restaurante O Asturiano de Lalín), polo seu traballo minucioso e o seu criterio, que fixeron que o concurso fora todo un éxito. Un agradecemento moi especial tamén a todas as persoas que participaron no concurso de empanadas. Sen a súa dedicación e entusiasmo, esta tradición non tería a forza que ten hoxe en día. Cada ano o nivel das empanadas aumenta, e esta edición non foi a excepción, facendo que o xurado tivese que tomar decisións difíciles.


Tamén ao pregoeiro, Xulio Abonjo, pola súa disposición desde a primeira chamada e polo seu apoio incondicional á nosa festa. Grazas tamén a Pepe Ayude pola súa colaboración coa subasta das empanadas premiadas.


Un agarimoso agradecemento aos colectivos e asociacións que participaron e colaboraron dun xeito ou otro coa XLIX Festa da Empanada: Xirandola, Vista Alegre, S.D. Bandeira, Asociación Xenerais e Xeneralas do Entroido, Clube Petanca Bandeira e Asociación RC da Banda de Música de Bandeira.


Agradecemos aos patrocinadores dos premios do concurso, que permitiron ofrecer agasallos de gran calidade aos gañadores. A todos eles, e tamén a todas as persoas que nos acompañaron durante as festas, facendo desta edición a máis exitosa en termos de público, queremos expresar a nosa máis profunda gratitude. A festa non sería posible sen o apoio de todos aqueles que participan nela, dende os organizadores até os asistentes.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por último, nomear dentro destes agradecementos dun xeito moi especial a todas as persoas que formaron parte das distintas directivas da Asociación, das comisións de festas e que, dun xeito ou doutro traballaron arreo ao longo destes case 50 anos a prol do crecemento da nosa Festa. Non hai máis que ver que do que foi o xérmolo da mesma, unha merenda no ano 1974, chegamos a ser Festa de Interese Turístico Nacional, comezando xa a loitar polo título Internacional.


Gracias por facer realidade esta XLIX edición da Festa da Empanada de Bandeira".


Atentamente,

Manolo, Ismael, Bea, Maica, José Ramón e Sara

A Directiva da Asociación Cultural Amigos da Empanada de Bandeira



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page