top of page

Amigos da Empanada da Bandeira convoca a asamblea ordinaria para o xoves 14 de decembro

O obxectivo será aprobar as contas do actual exercicio económico e conformar unha nova Xunta Directiva que asuma entre outras actividades, a organización da XLVIII Festa da Empanada, tras a renuncia do actual equipo


Laura Moure/Silleda

A actual directiva da Asociación Cultural Amigos da Empanada da Bandeira (Silleda) convoca para o vindeiro xoves 14 de decembro a cita ordinaria que de xeito anual reúne ás persoas asociadas da entidade. Tras o cumprimento do mandato de dous anos estipulado polos estatutos de Amigos da Empanada, a actual Xunta Directiva anunciou recentemente que non optará á renovación. Deste xeito, o equipo liderado por Andrés Seoane, deixará paso a novas ideas e liderados tras un período de incansable traballo e dedicación que tiveron como eixe central a promoción da empanada como produto estrela da gastronomía galega e a dinamización da vila da Bandeira a través da celebración de multitude de actividades e eventos culturais, musicais e gastronómicos.

A actual directiva o día no que se deu a coñecer.

A orde do día recollida na convocatoria contempla, ademais da análise de todas as accións levadas a cabo durante o ano 2023, a presentación e aprobación das contas anuais da asociación, que amosan un balance positivo a pesar do grande incremento dos custos dos servizos e produtos. Así mesmo, a directiva presentará unhas contas de récord, derivadas da potente campaña de promoción e difusión da Festa da Empanada co propósito de acadar o título de Interese Turístico Nacional; do impulso dos Festivais da Empanada; así como do novo formato e ampliación de horarios da cita gastronómica.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

A tesoureira Ana Cuiña, destaca a forte colaboración de toda a veciñanza, institucións públicas, patrocinadores privados, comercio local e medios de comunicación; o que permitiu celebrar unha edición da Festa da Empanada de récord en número de actividades e en afluencia, superando todas as expectativas iniciais e consolidando o evento como un acontecemento ineludible do verán galego.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

A non renovación da actual dirección, dará lugar á necesidade de atopar un relevo na presidencia do colectivo para os próximos dous anos. Por este motivo, queda aberto o período de presentación de solicitudes para calquera persoa maior de 18 anos que desexe conformar unha nova candidatura. Para efectuar a corrrespondente proposición, as persoas interesadas deberán comunicar o seu interese a través do enderezo electrónico de secretariadoempanada@gmail.com, ou facelo de maneira presencial o día da asemblea, antes do inicio da mesma.


“Chegou o momento de dar paso a novos proxectos que continúen apostando pola cultura e a gastronomía da nosa terra, e que permitan deste xeito consolidar o imparable crecemento da Festa da Empanada e dos seus festivais", sinala Andrés Seoane.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

A Asemblea Ordinaria de Socios/as está programada para o xoves 14 de decembro de 2023, no Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira. A primeira convocatoria está prevista para as 20:00 horas, e a segunda e última será ás 20:30 horas.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page