top of page

Alternativa por Arzúa levará a pleno que o parque da feira pase a denominarse Parque Ana Kiro

"A Filla Predilecta da vila non ten ningún punto do rueiro co seu nome", sinala


Ecos da Comarca/Arzúa

Alternativa por Arzúa, forza independente que conforma o tripartito que goberna en Arzúa, levará ao próximo pleno do 3 de outubro unha moción que ten como obxectivo que o “parque da feira” pase a levar o nome da Filla Predilecta da vila, Ana Kiro, veciña da parroquia arzuá da Castañeda.

O seu voceiro, José Luís García, afirma que “ademais da importancia que Ana Kiro tivo para o noso concello, ao que levou con orgullo por todo o mundo é preciso que lle deamos valor a outras características da nosa veciña”. Ao fío disto desenvolve que Ana Kiro foi “pioneira” ao demostrar que “a música en galego era posible non só a nivel sentimental senón tamén económico”. García tamén afirma que “loitou polos seus dereitos” pois “separouse en pleno franquismo, sempre levou control da súa carreira musical e ten letras de contido feminista”, engade. “Ademais, é tamén reivindicada

como referente de liberación sexual desde o colectivo LGBTIQ+ con letras como Pídechas o Corpo”, di García.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Desde Alternativa explican que o “parque da feira” debería ter un nome máis concreto

pois, se ben está ao carón de onde se fan as feiras, é un “espazo con identidade

propia, independentemente desa actividade”. “É canto menos curioso que, sendo Filla

Predilecta da vila, aínda non haxa no rueiro ningún punto que leve o seu nome”, din os

independentes. “Como arzuáns temos a obriga de seguir a reivindicar unha figura tan

importante non só para Arzúa, senón para toda a cultura e a emigración galega” e para

isto “é un bo punto de partida levar a pleno que o parque da feira se nomee, ao

rematar a súa remodelación, Parque Ana Kiro”.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page