top of page

Alfredo Conde gaña o XXXI Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro

O gañador do traballo académico é unha reportaxe de Olivia Castro, Teo Martínez, Alba García, Nerea Rodríguez e Ignacio Fernández, alumnos de Xornalismo da USC


Laura Moure/Lalín

O Concello de Lalín informa que Alfredo Conde é o gañador do XXXI Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro. O xurado elexiu por unanimidade o seu traballo E se voara... que destaca pola calidade e o seu profundo coñecemento de Lalín e da súa cociña. Este premio é recoñecido como o xornalístico gastronómico máis importante de España cunha dotación de 4.000 euros.

Alfredo Conde. Fonte: Concello de Lalín.
Alfredo Conde. Fonte: Concello de Lalín.

Mentres o gañador do traballo académico, dotado con 1.000 euros, foi a reportaxe web titulada O Sabor da Afouteza de Olivia Castro Menéndez, Teo Martínez de Lorenzo, Alba García Villanueva, Nerea Rodríguez Vázquez e Ignacio Fernández Blanco, grupos de alumnos/as de 3º de Periodismo da USC.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Ademais o xurado acordou unha mención especial ao traballo realizado por Televisión de Galicia ao longo dos 40 anos en favor da gastronomía galega.


Os premios entregaranse o venres 21 de febreiro na Gala do Cocido que será retransmitida pola TVG desde o Lalín Arena.


Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O xurado, presidido polo alcalde José Crespo, estivo integrado polos xornalistas Martín Fernández Vizoso, Alberto Barciela Castro, Belén Xestal Ares, María José Imia Vázquez (da Axencia Turismo de Galicia), Alba Silva Rodríguez (vicedecana da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC), e Avelino Souto como concelleiro de Turismo.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page