top of page

Alerta vermella por calor en boa parte das comarcas dende hoxe, 21 de xuño

Laura Moure/Xeral

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia emitiu unha alerta por vaga de calor que entrará en vigor a partir deste domingo, 21 de xuño, afectando especialmente ás zonas do interior da comunidade. O aviso, remitido este 20 de xuño, establece o nivel de alerta vermello en varias áreas debido ás altas temperaturas previstas para os próximos días.

Segundo a información facilitada pola Dirección Xeral de Saúde Pública e por MeteoGalicia, unha masa de aire moi cálida procedente do norte de África chegará a Galicia impulsada por altas presións situadas ao norte da Península Ibérica. A situación, combinada con ceos despexados e numerosas horas de sol, provocará un notable incremento das temperaturas ata o mércores.


Zonas afectadas

Nivel vermello

  • A Coruña (interior)

  • Lugo (centro e montaña)

  • Ourense (montaña)

  • Pontevedra (interior)

Nivel laranxa

  • A Coruña (noroeste)

  • Lugo (sur)

  • Ourense (Valdeorras)

Nivel amarelo

  • Lugo (A Mariña e centro)

  • Ourense (noroeste, Miño e sur)

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Ante esta situación, a Xunta solicita ás administracións e entidades organizadoras de actividades e eventos que extremen as precaucións e difundan entre a cidadanía as medidas de autoprotección fronte ás altas temperaturas.


Entre as recomendacións figuran evitar a exposición ao sol nas horas centrais do día, manter unha correcta hidratación, prestar especial atención ás persoas maiores, menores e colectivos vulnerables, así como reducir a actividade física intensa ao aire libre.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

Desde Emerxencias 112 Galicia lembran que, no caso de producirse situacións de emerxencia ou urxencia derivadas deste episodio de calor extrema, deberá contactarse co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias a través do teléfono 112.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page