top of page

Alcohólicos Anónimos de Lalín celebra o seu 18 aniversario reforzando o seu labor de axuda en Deza

O único requisito para formar parte deste grupo é o desexo de deixar a bebida, sen cotas nin compromisos económicos

Laura Moure/Lalín

O grupo de Alcohólicos Anónimos de Lalín celebrou este sábado o seu 18 aniversario cunha reunión aberta de Información Pública no local parroquial, na que participaron membros do grupo, profesionais sanitarios e persoas interesadas en coñecer o programa de recuperación.

Durante o encontro explicouse o funcionamento da comunidade, baseada na axuda mutua entre persoas que comparten a súa experiencia, fortaleza e esperanza para resolver o seu problema co alcol e axudar a outros a recuperarse. O único requisito para formar parte de Alcohólicos Anónimos é o desexo de deixar a bebida, sen cotas nin compromisos económicos.


O acto permitiu tamén dar a coñecer a realidade do alcoholismo, unha enfermidade recoñecida pola Organización Mundial da Saúde, de carácter progresivo e incapacitante, que afecta non só á persoa senón tamén á súa contorna familiar e social. Desde o grupo insistiuse en que existe unha solución e que a recuperación é posible a través do apoio e o acompañamento.O grupo de Lalín, activo de forma continuada desde 2004 na súa etapa actual, mantén reunións periódicas e contacto directo con persoas que buscan axuda na comarca.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Durante a xornada compartíronse testemuños privados de recuperación, así como a importancia de afrontar as dificultades da vida sen recorrer ao alcol, apoiándose noutros e deixando de loitar por controlar todo. Desde o ámbito sanitario, a Dra. Estefanía Fernández Paz, médica de familia (PAC), subliñou a dimensión actual do problema, sinalando que “o alcoholismo é unha enfermidade que está en auxe, moi vinculada o aumento dos problemas de saúde mental, que cada vez afecta a persoas máis novas e cun crecemento notable nas mulleres. Ten consecuencias a nivel mental, físico e familiar, e se non se busca remedio pode conducir á morte”.


Así mesmo, destacou a utilidade destes recursos, indicando que “está demostrado que os grupos de terapia funcionan e que, en concreto, co programa de 12 pasos de Alcohólicos Anónimos e o apoio de compañeiros que están na mesma situación, pódese conseguir a sobriedade”.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Pola súa banda, a concelleira de Emprego do Concello de Lalín, Bea Canda, puxo en valor o papel destas asociacións, sinalando que “é importante dar a coñecer a existencia de recursos como Alcohólicos Anónimos tanto á administración como ao persoal sanitario, xa que poden ser de gran axuda para concienciar e apoiar as persoas que teñen un problema co alcol”.


Alcohólicos Anónimos lembra que calquera persoa que sospeite ter un problema coa bebida pode acudir libremente ás súas reunións ou contactar para máis información a través do Grupo Lalín (630 664 223) ou da área de Galicia (646 645 119), garantindo sempre o anonimato.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page