top of page

AIRA lanza o Programa Cultural AIRA CREA, seis certames artísticos que contará con 12 premios

O obxectivo é reivindicar a creación galega e o vínculo coa terra


Laura Moure/Xeral

A cooperativa agroalimentaria AIRA SCG presenta AIRA CREA, un novo programa cultural que reúne seis certames artísticos baixo un mesmo eixo temático: a relación entre a terra, as persoas e o futuro compartido do rural galego. Escultura, fotografía, poesía, música, relato breve e audiovisual conforman esta iniciativa destinada a promover o talento creativo en Galicia e a reforzar os valores de identidade, cooperación e comunidade.


AIRA aposta por un programa cultural con raíz que nace do día a día das súas granxas. “AIRA CREA reúne distintas disciplinas artísticas para poñer en valor o que somos: a dignidade do traballo das familias socias, a beleza do territorio e o vínculo profundo entre a terra e quen a coida. Non é só un proxecto artístico: é unha maneira de contar, con voz propia, o orgullo cooperativo compartido e a capacidade do rural galego para crear futuro”, indican dende a Cooperativa.

ree

Ademais, este programa cultural crea un espazo de diálogo artístico sobre como a terra e a vida en comunidade xeran valor, identidade e futuro compartido, tendendo pontes entre a arte e o territorio rural e reforzando o compromiso coa cultura, a cooperación e un rural vivo, creativo e conectado co mundo.


Os certames convocados son:

• Escultura – “Formas con raíces”

• Fotografía – “Miradas compartidas”

• Poesía – “Palabras con raíz”

• Música – “Son da terra”

• Relato breve – “Contos de leite e terra”

• Audiovisual – “Rural no foco”

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Un programa aberto á creación e compromiso co rural

A convocatoria está dirixida a persoas maiores de 18 anos, nacidas ou residentes en Galicia, que presenten obras orixinais e inéditas. Todas as disciplinas compartirán como temática a conexión entre o rural, a identidade e o futuro colectivo, desde o traballo da terra até o compromiso comunitario.


O programa contará con 12 premios nas distintas disciplinas e máis de 30 finalistas, xa que ademáis do galardón en metálico, AIRA CREA contempla a posibilidade de formar parte de exposición, antoloxías ou proxectos de difusión.


Prazos e inscrición

O prazo de inscrición estará aberto do 1 de xaneiro ao 28 de febreiro de 2026 e o fallo do xurado darase a coñecer na semana do 20 de abril de 2026. As bases completas e o formulario de inscrición están dispoñibles en:


Da raíz local á presenza internacional

O lanzamento de AIRA CREA chega apenas un mes despois da presentación do I Certame Internacional de Pintura “AIRA: territorio compartido, raíces comúns”, a primeira iniciativa artística con vocación global impulsada pola Cooperativa. Este certame, aberto a creadoras e creadores de todo o mundo, naceu coa intención de proxectar a identidade do rural galego máis aló das súas fronteiras, evidenciando que a cultura tamén pode ser unha ponte entre Galicia e o exterior, inspirado na proxección internacional da Cooperativa, con presenza internacional, situando os seus produtos xa nos catro continentes.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Este impulso internacional serve agora de marco e apoio ao nacemento de AIRA CREA, un programa concebido especificamente para fortalecer a creación local, poñer en valor o talento galego e reivindicar, desde dentro, a forza cultural do territorio. Se o Certame Internacional abriu unha xanela ó mundo, AIRA CREA afonda nas raíces, facendo protagonista á comunidade creativa galega e ás historias, sensibilidades e expresións artísticas vinculadas á terra.


Con ambos proxectos, AIRA consolida unha aposta cultural inédita na súa traxectoria: un diálogo que vai do local ó global e do global ao local, situando o rural galego tanto como punto de partida como destino natural da creación artística.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page