top of page

Agolada Rural celebra as VI Xornadas Gandeiras o 25 de novembro

Incluirá tres ponencias, unha comida e a entrega duns obsequios aos nenos gañadores do IV concurso de debuxo organizado por este colectivo


Laura Moure/Agolada

Rafael Méndez de Agolada Rural estivo traballando nos últimos meses para organizar ás VI Xornadas Gandeiras. Terán lugar o 25 de novembro no Auditorio Municipal Manuel Costa Casares de Agolada.

Méndez co cartel das xornadas nos Pendellos de Agolada.

Salvo cambios de última hora impartiranse as seguintes ponencias:

  1. Xestións de xurro a cargo de Carlos Ledo de Unións Agrarias.

  2. Autoconsumo fotovoltaico e tarifas eléctricas impartida por Carlos García Pérez ingeniero industrial; Mariano Manteiga, axente enerxético e Javier Fernández de Sociere Renting.

  3. PAC 2023/2027 (como se está cocendo) por Carme Aira e Xosé Luis Rivas MINI ambos deputados de BNG

Ademais, haberá unha comida. "Por motivos de organización, os primeiros 40 asistentes teñen un desconto de 10 euros cada un no xantar que como sempre será no Restaurante Parrillada Golada", sinala Rafael Méndez. Así mesmo, sinala que se fará entrega duns pequenos obsequios aos nenos gañadores do IV concurso de debuxo Agolada Rural. Os gañadores foron Alejandro Rivadulla, de quinto, o seu irmán Álvaro, de cuarto, e fíxose co terceiro premio Gabriel, de sexto de Infantil.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page