Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Agolada estrea o "recuncho da igualdade”, unha iniciativa do departamento de Servizos Sociais

Consiste na colocación no parque infantil da estrada de Lugo de mobiliario urbano con mensaxe


Laura Moure/Agolada

O Concello de Agolada instalou este venres mobiliario novo no parque infantil situado na estrada de Lugo. Este contribúe a crear “o recuncho da igualdade”, tal e como o tildan dende o departamento de Servizos Sociais do Concello de Agolada, de onde saíu esta iniciativa.

A través dunha subvención do Pacto de Estado, o Concello puido adquirir unha mesa de picnic, un maceteiro e dúas papeleiras, que estas últimas se colocarán nos vindeiros días. Ademais, colocouse un cartel no que se pode ler: Neste concello respectamos a todas as persoas por igual. Di NO á violencia de xénero e a calquera tipo de violencia. Xunt@s somos + fortes.

A idea do departamento de Servizos Sociais é que nos vindeiros días os cativos que participan no campamento do municipio planten algo no maceteiro que se colocou e deste modo, contribúan a “plantar a semente da igualdade”. De feito, optouse por instalar este recuncho nun parque infantil para concienciar dende as idades máis temperás da importancia de respectarnos uns a outros, de que todos somos iguais e da necesidade de loitar contra calquera tipo de violencia.

195 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE