Ecos da Comarca/Agolada
Agolada despediu esta tarde a súa veciña centenaria Nieves Negro Barrio, que o pasado mes de novembro cumpriu 106 anos. Ela residía no lugar da Penela, na parroquia agoladesa de Esperante, co seu fillo Abel e coa súa nora Glora. Tiña un total de tres fillos Manolo, Luisa e Abel; cinco netos Patricia, Pedro, Rocío, Jorge e Noelia e dous bisnetos, Pepe e Telmo. Quedou viúva xa fai moitos anos.
No 2021 acercámonos a súa casa polo seu aniversario, o 1 de novembro. Ese ano estaba moi contenta, porque por fin, despois dos anos duros da pandemia da Covid, puido volver a celebrar este día tan especial rodeada dos seus seres queridos. Iso facíaa inmensamente feliz.
No 2021 o seu fillo Abel contounos que de saúde atopábase ben, sacando que tiña algúns problemas de mobilidade e de oído. E o pasado novembro a súa neta Noelia xa nos dicía que "xa non camiña nada, só con axuda, cóstalle máis falar e está máis apagadiña....pero aínda así, coñécenos a todos, tanto aos seus fillos como os netos e pregunta moito por todos".
D.E.P. Nieves.
NOTICIAS RELACIONADAS:
Noticia dos seus 105 anos: https://www.ecosdacomarca.com/post/a-veci%C3%B1a-de-agolada-nieves-negro-barrio-celebra-o-seu-105-aniversario
Noticia dos seus 106 anos: https://www.ecosdacomarca.com/post/a-agoladesa-nieves-negro-cumpriu-hoxe-106-anos
Commenti