Laura Moure/Agolada
O 1 de novembro é máis que motivo de celebración na casa de Nieves Negro Barrio. Esta agoladesa cumpríu hoxe, rodeada dos seus seres queridos, 106 anos!!

Vive con seu fillo Abel e a súa nora Gloria no lugar da Penela, na parroquia de Esperante e ten tres fillos, cinco netos e dous bisnetos.
"Agora xa non camiña nada, só con axuda, cóstalle máis falar e está máis apagadiña....pero aínda así, coñécenos a todos, tanto aos seus fillos como os netos e pregunta moito por todos", conta a súa neta Noelia Coego.
Dende o equipo de ECOS DA COMARCA desexámoslle MOITOS PARABÉNS!!!!
NOTICIA RELACIONADA:
Comments