top of page

AECA impulsa a campaña da Volta ao Cole 2025 con eventos de animación infantil e un sorteo de premios

Os clientes que realicen mercas do 1 ao 27 de setembro nos comercios do

Centro Comercial Aberto de Arzúa poderán desfrutar de varios eventos de animación


Laura Moure/Arzúa

Os clientes que realicen mercas do 1 ao 27 de setembro nos comercios do Centro Comercial Aberto de Arzúa poderán desfrutar de varios eventos de animación, que incluirán festa da escuma, degustación de xeado, parque de inchables e xogos, e ademáis poderán participar no sorteo dunha tableta Lenovo equipada con pen mais funda, e duns auriculares con cancelación de ruido. Con este incentivo búscase premiar a confianza dos veciños nos establecementos de proximidade e motivar o consumo no comercio local.

A Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa pon en marcha a campaña Volta ao Cole 2025, unha iniciativa pensada para poiar ao comercio local ao inicio do novo curso escolar; unha época clave para este sector e de importante gasto para as familias.


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Dende o luns día 1, ata o vindeiro 27 de setembro, todas as compras que se realicen nos comercios de AECA contarán e moito. Os tíckets de gasto serviran como entrada nos eventos de animación programados para o 12 e o 27 de setembro no Multilúsos de Arzúa. Ademais, por cada 20 euros de gasto presentados en tíckets entregarase 1 rifa para o sorteo presencial de premios no acceso ao recinto feiral “Terra do Queixo”. De esta maneira, os clientes que máis teñan consumido no CCA Arzúa máis probabilidades terán de gañar algún dos premios a sortear. As bases de participación no sorteo e toda a información da campaña poderá ser consultado en www.aecomarcadearzua.com e tamén seguido a través das RRSS da entidade a partires do vindeiro lúns.


Dende o colectivo empresarial AECA queren reforzar o seu compromiso coa dinamización do consumo local e instan, polo ben común, a que toda a cidadanía teña en conta ao comercio da súa vila como a súa primeira opción de merca, xa que según afirman é o que mellor garantiza a calidade do produto e o único que ofrece un servizo de confianza, feito á medida e cunha atención tan próxima.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Pola súa parte, a xerente de AECA recalcou: "Queremos animar a toda a ciudadanía a facer as súas mercas durante esta Volta ao Cole en AECA, pois en Arzúa temos de todo. Que a xente veña descubrir as vantaxes de mercar nas nosas tendas e poida desfrutar en familia das estupendas actividades de animación que lles propoñemos”.



 
 
 

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page