top of page
Foto del escritorLaura Moure

Adxudican a Construcciones Rafer a mellora da estrada PO-212 entre Rodeiro e Agolada

Empezará na segunda quincena de xullo e terá un prazo de execución de seis meses


Laura Moure/Comarca Deza

A Xunta adxudicou por máis de 890.000 euros as obras de mellora do firme na estrada PO-212 entre Rodeiro e Agolada. Os traballos, adxudicados á empresa Construcciones Rafer S.L., empezarán na segunda quincena de xullo e terán un prazo de execución de seis meses.

A estrada que se mellorará.


A actuación de reforzo de firme realizarase ao longo dos 15,6 quilómetros desta estrada co obxectivo de mellorar a seguridade viaria e as condicións de condución. A intervención, segundo as necesidades de cada treito, incluirá o fresado e a posterior reposición do firme con mestura bituminosa en quente, previa aplicación dunha rega de adherencia.


Tamén está previsto que en toda a vía se aplique microaglomerado en frío para minimizar o futuro desgaste da capa de rodadura e para favorecer a adherencia dos vehículos. Este contrato tamén incluirá a reposición da sinalización e a colocación de máis de 1.500 el mentos de balizamento, co formato de captafaros, para incrementar a visibilidade.


Ademais o proxecto abranguerá a redución do ancho dos carrís centrais para establecer algunhas zonas intermedias cebreadas, no marco das actuacións complementarias de modernización da estrada.


0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page