top of page

Adxudicadas as obras de Tranca (Bosende) e Curuxeiras (Pantiñobre), en Arzúa

Laura Moure/Arzúa

O Concello de Arzúa vén de adxudicar as obras de mellora dos camiños de Tranca, en Bosende, e de Curuxeiras, en Pantiñobre, cun orzamento total de 106.711,10 €, financiados a través do Plan Camiña Rural 2025-2026 de AGADER.

ree

As actuacións contemplan traballos de limpeza de gabias, mellora da capa de rodaxe e aplicación de novas capas de zahorra, adaptadas ás características de cada vía. En Bosende, intervirase en preto de 3,7 quilómetros de camiño, mentres que en Pantiñobre se actuará sobre un tramo de 730 metros.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Con esta adxudicación, o Concello de Arzúa mantén o seu compromiso coa mellora e conservación da rede de camiños rurais, un elemento esencial para garantir a cohesión territorial e a igualdade de servizos en todas as parroquias do municipio.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page