Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Adxudicadas as obras da nova senda peonil na entrada a Vila de Cruces dende a estrada de Agolada

A nova infraestrutura, de 300 metros de lonxitude, facilitará un itinerario a pé seguro en dirección ao IES, o Centro de Saúde, o campo de fútbol, o tanatorio ou o cemiterio


Laura Moure/Vila de Cruces

As obras de mellora da seguridade peonil na entrada a Vila de Cruces pola estrada provincial EP-6306, que comunica con Agolada, xa están adxudicadas. A empresa Elsamex Gestión de Infraestruturas gañou o proceso de licitación aberto pola Deputación e executará o proxecto para transformar esta zona nunha vía amable para as persoas que camiñan cun orzamento final de execución de 167.585 euros. Unha vez que se asine a acta de replanteo a empresa terá un prazo de execución de tres meses.

Os traballos, que son financiados a través dun convenio polo que a Deputación achega o 80% (145.626 euros) e o Concello o restante 20% (36.407 euros), van supor un cambio radical nesta arteria, que ata o de agora conta cunhas bandas e elementos temporais de separación para garantir a seguridade peonil nas beiras da calzada. As obras abranguen o tramo comprendido entre os PQ 16+450 e o PQ 16+750, é dicir, o tramo final da estrada de 17 Km de lonxitude que enlaza Cruces con Agolada.


Esta importante entrada á vila cruceña quedará dotada dunha senda peonil de ancho variable, en función do espazo dispoñible, pero con ancho mínimo de 2,50 metros na súa marxe dereita, é dicir na coincidente co Instituto de Ensino Secundario Marco do Camballón. Crearase así un camiño escolar para o alumnado deste centro educativo, pero que tamén servirá para acceder en condicións de seguridade a dotacións próximas e moi utilizadas pola veciñanza, como o Centro de Saúde, o tanatorio, o cemiterio ou o campo de fútbol. A senda estará executada en formigón coloreado de 15 cm de grosor, que será reforzado ata 20 cm na zona apegada ao aparcamento do instituto.

A plataforma da estrada vai ser ampliada en medio metro cara esta marxe dereita para gañar o espazo necesario que permita garantir a anchura mínima da senda, en cumprimento da normativa da Deputación. Ademais, a rede de telefonía aérea vai ser soterrada e tamén vaise executar unha nova rede de sumidoiros para a recollida das augas pluviais con colectores de 315 mm. Todo o conxunto de actuacións producirá, por tanto, unha importante mellora estética na entrada á vila.


A calzada actual vai ser fresada e demoleranse bordos e beirarrúas para renovar completamente o actual asfalto, que pasará a contar tamén con dous pasos de peóns elevados garantindo así a permeabilidade peonil e tamén de tres badéns (redutores físicos de velocidade). Vaise colocar nova sinalización vertical con limitación da velocidade de circulación a 30 Km/h. En canto á sinalización horizontal, marcarase o espazo peonil, que tamén estará delimitado cunha pequena canle lonxitudinal para reforzar a recollida das augas

35 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE