ADOS lembra que son precisas máis de 400 doazóns de sangue diarias nos hospitais galegos
- Laura Moure

- hace 11 horas
- 2 Min. de lectura
As inclemencias meteorolóxicas repercuten na participación da cidadanía e sobre todo precísanse sangue A Positivo, A Negativo, Cero Positivo, Cero Negativo e B Positivo
Laura Moure/Xeral
As unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán, ata o mércores 18 de febreiro, ao redor de 40 concellos co obxectivo de favorecer a participación dos cidadáns nas campañas de doazón de sangue. ADOS lembra que os períodos vacacionais, como o Entroido, poden coincidir unha diminución na participación dos doantes habituais.

Así mesmo, as inclemencias meteorolóxicas que estamos a vivir nos últimos meses, repercuten na participación da cidadanía nas campañas de doazón de sangue, polo que a Axencia reforza o seu permanente chamamento á colaboración dos nosos doantes. Neste sentido, salientar que son necesarias doazóns de todos os grupos sanguíneos pero, especialmente, do A Positivo, A Negativo, Cero Positivo, Cero Negativo e B Positivo.
A ADOS, coñecedora do carácter solidario da cidadanía galega, quere, nesta semana na que as festas de Entroido chegan aos concellos galegos, agasallar aos doantes. Deste xeito, o vindeiro martes 17 de febreiro, todas as persoas que acudan a doar serán obsequiadas cun agasallo especial consistente en rosquillas, un doce típico do Entroido galego.
Publicidade
Actividade asistencial
A ADOS lembra que, diariamente, son precisas máis de 400 doazóns para abastecer cos compoñentes sanguíneos que necesitan os hospitais galegos para desenvolver axeitadamente o seu labor asistencial.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Cada día, os hospitais galegos atenden unha media de 2.800 urxencias, realizan 800 intervencións cirúrxicas e un transplante de órganos, así como realizan 1.600 atencións nos hospitais de día. Unha elevada porcentaxe desta intensa actividade asistencial precisa do sostemento de compoñente sanguíneos que só é posible obter da doazón de sangue.
Co obxectivo de incrementar a participación dos doantes, a ADOS está a realizar un importante esforzo organizativo, achegando as unidades móbiles de doazón de sangue ata preto de 40 concellos galegos.
Publicidade
Nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa pódese doar estes días en Lalín (mañá e o sábado) e en Monterroso o Martes de Entroido. Desde a Axencia anímase a doar sangue a todos os galegos e galegas, polo que lembra que as unidades móbiles da ADOS efectuarán os seguintes desprazamentos: https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/021387/unidades-mobiles-ados-facilitan-participacion-vecinanza-preto-40-concellos-galegos








Comentarios