top of page

Acto pola igualdade en Palas de Rei cunha gran acollida por parte das comunidades educativas

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Palas de Rei

As adversas condicións meteorolóxicas fixeron que a IV Marcha pola Igualdade, prevista no día de onte dende a Praza do Concello ata a Praza da Ulloa, en Palas de Rei, quedase suspendida, e fose substituída polo Acto pola Igualdade, que tivo lugar no pavillón cuberto do CEIP de Palas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Alí tanto as comunidades educativas tanto do colexio como do instituto de Palas de Rei participaron, xunto con representantes do Concello de Palas, entre os que estaba a concelleira de Servizos Sociais, Alba Villasante, e os integrantes do Centro de Información á Muller (CIM).


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Precisamente foi a psicóloga do CIM, Eva María Rodríguez Vicente, a encargada de dar lectura ó manifestó do 8M, en repudia a calquera acto de violencia contra a muller, lembrando a lista de vítimas desta lacra social; destacando a desigualdade histórica e estrutural dun mundo sostido por grandes mulleres e grandes traballadoras; e lembrando a igualdade para que con independencia do xénero podiamos ter o mesmo punto de partida e tamén as mesmas opcións de metas. 



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page