Accidente entre un coche e unha furgoneta en Monterroso
- ecosdacomarca
- 26 mar
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Monterroso
A localidade de Monterroso rexistrou hoxe, mércores, un accidente de tráfico. O 112 Galicia foi alertado ás 13:35 horas. No mesmo víronse implicados dous vehículos e saldouse cunha persoa ferida.
Publicidade
Tratouse dun accidente entre un coche e unha furgoneta, tal e como informa o GES de Monterroso. O suceso ocorreu na estrada dirección Palas de Rei xunto a unha gasolinera.

"O condutor do coche, veciño de Taboada, queixábase de dor na barriga e no peito", indica o GES. Por iso, foi trasladado en ambulancia ao centro de saúde da localidade e despois ao centro hospitalario. Mentres o condutor da furgoneta, de Lugo, resultou ileso.
Ata o lugar desprazáronse unha ambulancia do 061 e o GES. O GES, ao non haber persoas atrapadas, encargouse de regular o tráfico.
Comments