Accidente entre un camión de bombeiros forestais e un turismo en Arzúa
Ecos da Comarca/Arzúa
Este martes produciuse un accidente de tráfico en Arzúa no cal se viron implicados dous vehículos. O 112 Galicia foi alertado ás 15:44 horas.

Publicidade
"Tratouse dun accidente entre un camión de bombeiros forestais e un turismo na N-547 á altura do quilómetro 64", informa o 112. "Unha persoa tiña dor de cabeza, pero descoñecemos se finalmente tivo que ser trasladada", puntualiza o 112.
Publicidade
Mobilizaron a Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil de Arzúa.










Comentarios