top of page

Acadar impulsa a inclusión sociolaboral de mulleres con discapacidade en Silleda

Laura Moure/Silleda

A Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia, ACADAR, pon en marcha unha nova edición do Servizo de Inclusión e Transición ao Emprego, unha iniciativa dirixida a mellorar a inclusión sociolaboral e promover o desenvolvemento das capacidades de 35 mulleres con discapacidade.

Este programa nace como resposta ás dificultades que moitas mulleres con discapacidade atopan para acceder e manter un emprego, sendo a independencia económica un elemento clave para acadar unha vida autónoma e plena. A través dunha intervención individualizada e adaptada ás necesidades de cada participante, o servizo desenvólvese en Santiago de Compostela (dirixido a 13 mulleres), Lugo (8 mulleres), Ourense (4 mulleres), O Carballiño (4 mulleres) e Silleda (6 mulleres).


O proxecto inclúe entrevistas individuais e o deseño de itinerarios personalizados orientados á mellora das competencias persoais, sociais e laborais. Ademais, prestarase especial atención ao manexo das novas tecnoloxías, consideradas unha ferramenta esencial para favorecer a autonomía e a empregabilidade.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

De xeito complementario, organizaranse obradoiros grupais nos que se fomentará o apoio mutuo, a participación social e o intercambio de experiencias, elementos fundamentais para avanzar cara aos obxectivos de inserción laboral.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Este servizo está financiado con cargo aos fondos do 0,7 % do IRPF, procedentes das persoas contribuíntes que marcan o recadro 106 de “Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social”, coñecido como X Solidaria, e conta co cofinanciamento da Xunta de Galicia.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page