top of page
Perruquería Marisa.gif

Abre hoxe o prazo en Silleda para inscribirse nas escolas deportivas para o vindeiro curso

En principio ofértase patinaxe, kung-fu, baloncesto, zumba fitness, zumba kids, ciclismo e tamén golf e esgrima


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda abre hoxe, luns, o prazo de inscrición nas escolas deportivas para o vindeiro curso. As actividades comezarán a impartirse na maioría dos casos como vén sendo habitual no mes de outubro. Se ben se arranca con oito modalidades, dende o departamento municipal de Deportes non se descarta ampliar a oferta nas vindeiras semanas.

En principio ofértase patinaxe, kung-fu, baloncesto, zumba fitness, zumba kids, ciclismo e tamén golf e esgrima.


As inscricións realizaránse no pavillón Cesar G. Fares de Silleda, en horario de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:00 horas, se ben as persoas que o desexen poden cubrir o formulario (que estarán dispoñible na web) e remitilo por mail a info@silleda.gal As actividades impartiránse no pavillón César G. Fares e tamén ao aire libre, no caso de modalidades coma o ciclismo ou o golf.

Na escola de patinaxe, a idade límite de iniciación será para nenos e nenas nados en 2018.


Nos vindeiros días seguirase informando de distintas cuestións e novidades relacionadas cas escolas deportivas municipais.

22 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page