Abre ao público o novo Eroski City de Touro
- ecosdacomarca

- hace 7 minutos
- 2 Min. de lectura
Permanecerá aberto en horario de 9:30 a 14 e de 16 a 20:30 horas, de luns a sábado
Ecos da Comarca/Touro
O concello de Touro conta desde onte cun supermercado Eroski City, unha das insignias de franquía da compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski. O supermercado, situado na rúa Isabel II, número 21, está aberto en horario partido de 9:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 horas de luns a sábado.

A apertura responde a un cambio de insignia de Aliprox a Eroski City, unha remodelación que supuxo unha ampliación da gama de frescos do establecemento. “Grazas a esta reforma, o novo Eroski City de Touro ofrece aos veciños máis produtos de proximidade e de primeira calidade, así como ofertas exclusivas a través da tarxeta de fidelización Eroski Club, con descontos acumulables de entre o 4% e o 6% nas súas compras. Un cambio que nos permite adaptarnos ás necesidades dos nosos clientes da zona”, destaca o director de supermercados, hipermercados e gasolineiras Eroski, Florentino Vázquez.
Publicidade
O establecemento ofrece agora 4.500 referencias de marcas líderes, propias e produtos frescos, dispoñibles nas súas seccións de panadería, frutería, carnicería, peixaría e charcutería con servizo de venda en porción. A tenda dispón dunha sala de vendas de 211 m2 e conta cun equipo de catro profesionais para dar atención personalizada aos veciños da localidade.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Rede comercial de franquías
As franquías Eroski City e Aliprox son unha oportunidade para novos emprendedores que queiran abrirse camiño no sector, así como para aqueles empresarios que xestionan tendas de alimentación e que teñen neste modelo de franquía unha oportunidade para mellorar e modernizar o seu negocio, contando en todo momento con apoio e asesoramento. Un modelo de tenda de entre 150 e 500 m2, situados en zonas urbanas ou rurais e orientados a unha compra diaria cómoda e rápida. A compañía pechou o exercicio 2025 con 91 franquías activas, das cales seis son aperturas do último ano.
Publicidade
Vegalsa-Eroski prevé manter este ritmo de inauguracións e seguirá apostando nas súas tendas por proxectos en liña coas tendencias do sector, como a automatización, dixitalización e por produtos locais e fáciles de preparar. Sobre Vegalsa-Eroski Vegalsa-Eroski conta en Galicia, Asturias e Castela e León con 291 establecementos entre propios e franquiados baixo as marcas comerciais hipermercados e gasolineiras Eroski, Eroski Center, Autoservizos Familia, Cash Record, Eroski City, Aliprox e Eroski Rapid. A súa estrutura comercial compleméntase cunha moderna plataforma de mercadorías xerais situada en Sigüeiro, A Coruña, dotada con tecnoloxías loxísticas de última xeración, ademais das plataformas de produtos frescos da Coruña e centros de redistribución en Vigo e Ourense.








Comentarios