Abre a inscrición do programa 'Xogade coas motos' en Monterroso
- ecosdacomarca

- 6 ago
- 1 Min. de lectura
Será o 16 de agosto
Ecos da Comarca/Monterroso

O Concello de Monterroso trae de novo á vila o programa Xogade coas motos, que terá lugar no pavillón municipal A Cúpula o 16 de agosto. Será de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.
Xogade coas motos é un proxecto conxunto entre a Secretaría Xeral para o Deporte, VF Timing e a Federación Galega de Motociclismo. Son xornadas gratuítas de iniciación dirixidas a rapaces de 6 a 15 anos.
Publicidade
É obrigatoria a inscrición previa e os anotados recibirán un correo confirmando a praza. Ata ese momento, a inscrición será provisional. A inscrición está aberta ata o 9 de agosto. Inscrición preferente para os empadroados en Monterroso. O resto participantes (se sobran prazas) poderán anotarse do 9 ao 12 de agosto.
Publicidade
Sortearase un casco entre os e as participantes. Os interesados poden obter máis información no seguinte enlace: https://www.xogadecoasmotos.com/ Inscricións en: https://www.xogadecoasmotos.com/xogade-monterroso








Comentarios