top of page

Aberto o prazo para solicitar formar parte do Consello Municipal da Muller de Silleda

Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda abrirá hoxe, venres día 3, o prazo para solicitar formar parte como vogal no Consello Municipal da Muller, recentemente creado como órgano de participación cidadá en materia de igualdade efectiva entre mulleres e homes e tamén en relación co colectivo LGTBIQ+.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais, entre o 3 e o 17 de outubro. A tramitación poderá realizarse tanto de forma presencial —acudindo ao Rexistro Xeral — ou de xeito telemático, remitindo por sede electrónica o formulario dispoñible na web municipal.


O Pleno da Corporación aprobou o pasado 30 de maio de 2025 a creación deste Consello, así como a aprobación inicial do seu Regulamento de funcionamento interno. Nel establécese que poderán formar parte como vogais representantes dos grupos políticos municipais, asociacións vinculadas á igualdade de xénero, colectivos do ámbito educativo, sindical, sanitario, social ou profesional, ademais de entidades que traballen con grupos vulnerables e representación das Forzas e Corpos de Seguridade; así como profesionais ou persoas con experiencia relevante en materia de igualdade e diversidade de xénero, que acheguen o seu coñecemento técnico ou especializado aos debates e accións do Consello, tras manifestar o seu interese en participar.


 PUBLICIDADE

A concelleira de Igualdade, Ángela Troitiño, animou a todas as entidades e persoas interesadas a presentar a súa solicitude. “O Consello Municipal da Muller será un espazo plural, participativo e aberto, no que se debatan propostas, se impulsen accións e se promova a igualdade real. Queremos que sexa unha ferramenta útil para avanzar cara a unha sociedade máis xusta e inclusiva, onde todas as voces teñan cabida”.


Así mesmo, dende o departamento convídase especialmente ás asociacións, colectivos e profesionais do municipio a formar parte deste órgano, “porque a súa experiencia e coñecemento serán fundamentais para construír políticas municipais que respondan ás necesidades reais da cidadanía”, engade Troitiño.


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Reunión constitutiva o 29 de outubro

A primeira reunión constitutiva do Consello Municipal da Muller de Silleda terá lugar o mércores 29 de outubro ás 18:00 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page