Laura Moure/Sobrado dos Monxes
Xa está aberto o prazo para solicitar as axudas para o fomento da natalidade e o asentamento da poboación no concello de Sobrado dos Monxes. Esta convocatoria diríxese aos nados e adoptados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro.
As axudas serán como máximo de 500 euros por cada fillo/a nados, adopatados/as ou acollidos/as no período indicado no apartado segundo.
No caso de que o fillo/a nacido ou adoptado sexa o segundo, a axuda será como máximo de 600 euros.
No caso de nacementos ou adopcións de fillos con algunha discapacidade recoñecida cun grado igual ou superior ao 33%, a contía da axuda poderá chegar aos 700 euros.
En caso de partos múltiples, terase dereito a percibir un 100% adicional para cada fillo. No caso de adopción de máis dun menor, terase en conta a mesma porcentaxe de incremento.
Os interesados poden obter máis información chamando ao Concello a través do teléfono 981 787 508 ou consultando as bases que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña neste enlace: https://bit.ly/3f7xiLj
O Consistorio de Sobrado.
Comentários