Aberto o prazo para solicitar as axudas do Concello de Silleda a entidades culturais, deportivas e veciñais
- Laura Moure
- 2 abr
- 1 Min. de lectura
Destinaránse máis de 100.000 euros en axudas por concorrencia competitiva para as entidades
Laura Moure/Silleda
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra publicou onte, martes, a convocatoria das axudas do Concello de Silleda para actividades dirixidas a colectivos culturais, clubs deportivos e entidades veciñais e/ou de participación social. O prazo das solicitudes é dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación, rematando pois o vindeiro día 2 de maio.

As entidades poden consultar as bases e os anexos de solicitude na web municipal. As solicitudes deben de presentarse obrigatoriamente por Sede Electrónica no Concello de Silleda, tal e como establecen as bases. Para calquera dúbida ou aclaración, as entidades poden dirixirse ao Concello de Silleda chamando ao 986 580 000, ao departamento de Cultura e Deporte.
En total, nesta anualidade de 2025 o Concello de Silleda destinará un total de 104.100 euros ás subvencións a colectivos culturais, deportivos e veciñais e/ou de participación social, ao igual que no exercicio anterior.
Publicidade
Nas deportivas repartiránse 35.000, nas culturais outros 58.000 (dos que 20.000 serán directamente para a Banda Municipal de Silleda e outros 15.000 para a Recreativa e Cultural da Bandeira) e as veciñais e de participación social outros 11.100 euros.
As bases son moi similares as dos últimos anos, se ben se introducen novos criterios de puntuación, como a participación doutros colectivos nas actividades ou o número de espazos públicos utilizados, no caso das culturais.
Comments