Aberto o prazo para participar no clube de lectura feminista “Máis Violeta” de Silleda
- ecosdacomarca

- 5 sept
- 1 Min. de lectura
A nova edición retómase o venres día 26 de setembro na Biblioteca Municipal Daniel Castelao
Ecos da Comarca/Silleda
O venres 26 de setembro na Biblioteca Municipal Daniel Castelao de Silleda vai ter lugar o inicio dunha nova edición de “Máis Violeta”, o clube de lectura feminista promovido pola Concellería de Igualdade de Silleda, que dirixe Ángela Troitiño. Nel, mulleres participantes
terán unha cita cada quince días para debatir sobre o libro mensual asignado, o cal será prestado pola Sección de Xénero do CIM de Silleda, dependente da Concellería de Igualdade.

Publicidade
Os títulos propostos abordarán diferentes temáticas, sempre co obxectivo de crear debate e pensamento crítico. “Máis Violeta” é un espazo común no que compartir experiencias persoais e contidos que permitan cambiar o mundo, constituíndose así unha comunidade
baseada na sororidade e no feminismo.
Publicidade
O prazo de inscrición está xa aberto ata o vindeiro día 20. Pode facerse presencialmente no último andar da Casa do Concello, chamando ao 986 592 037 ou no correo electrónico cim@silleda.es








Comentarios