É gratuíto e hai un total de 30 prazas
Laura Moure/Agolada
O Concello de Agolada promove un campamento de Nadal que comezará o día 26 e rematará o día 30 de decembro. As sesións serán en horario de 10:00 a 14:00 horas nas instalacións do CEIP Agolada a cargo da empresa Talentea. É totalmente gratuíto.

Hai un total de 30 prazas para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. "Seleccionaranse os nenos/as a partir da orde do rexistro de entrada da folla de incrición e sempre terán prioridade os empadroados fronte aos non empadroados", indica o Concello.
O prazo para anotarse xa comezou o día 15 e remata o día 22 de decembro ás 14:00 horas. Farase por rexistro de entrada no Concello de maneira presencial, de luns a venres de 9:00 a 14:30 horas ou a través da sede electrónica do Concello (https://agolada.sedelectronica.gal/) Tanto nas redes sociais coma na web do Concello colgarase o formulario e documentación que se debe entregar. Non se admitirán as solicitudes por correo electrónico nin fóra de prazo.
Comments