Será desde o 3 de xullo ao 4 de agosto
Laura Moure/Santiso
O Concello de Santiso abriu onte, xoves, o prazo de inscrición para o campamento de verán. Está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 14 anos. Incluirá xogos, pisicina, manualidades, deporte, cociña, etc.
O horario do campamento será de mañá, de 10:30 a 13:30 horas e terá unha única quenda que será desde o 3 de xullo ao 4 de agosto (cinco semanas).
O prazo rematará o 12 de xuño e os interesados poden anotarse a través da sede electrónica e personalmente no rexistro do Concello.
MÁIS INFORMACIÓN:
Inscricións: